sábado, abril 21, 2007

O adeus definitivo de Aquilino Meizoso e Amigos de As Pontes

Nin o partido nin o seu líder Aquilino Meizoso concorrerán ás eleccións. A formación política ocupou a alcaldía do municipio entre 1987 e 1994.

Despois de 25 anos de traxectoria política, Amigos das Pontes desaparece da escena municipal. O partido creado en 1982, e que conta na corporación actual con tres edís, non presentará candidatura ás eleccións do 27 de maio por falta de recambio a Aquilino Meizoso, o seu líder indiscutible desde o principio e sen o que, de momento, non pode seguir adiante.

Meizoso sinalou que xa fai dous anos tomou a decisión de que se achegaba o seu final na política municipal activa e así llo anunciou ao seu partido, que non puido relevarlle. Con todo, o que fose alcalde das Pontes entre 1987 e 1994 advertiu de que Amigos das Pontes seguirá traballando pola sociedade pontesa pero noutros ámbitos diferentes.

No entanto, Meizoso non descartou que a formación regrese con novos bríos para as eleccións municipais de 2011.A retirada, aínda que sexa momentánea, de Amigos das Pontes deixa o camiño político despexado aos tres partidos convencionais, que serán os que se disputen o voto nas próximas eleccións.

Durante os seus sete anos á fronte da alcaldía, Aquilino Meizoso, arquitecto de profesión, deixou nas Pontes obras faraónicas que o recordarán para sempre. Seu é o suntuoso cemiterio dos Alimpadoiros, e da súa época proceden tamén algún dos grandes preitos contra Endesa abertos polo Concello que el presidía.

Moción de censura Tras perder a alcaldía en 1994, Amigos das Pontes apoiou unha moción de censura fraguada polo PP co apoio dun concelleiro socialista, Vicente López Pena, que aceptou o trato a cambio de ser alcalde.

7 comentários:

Anónimo disse...

"Hasta las 12 de la noche (las 24 horas) del próximo lunes, 23 de abril, está abierto el plazo para la presentación de candiduras a las próximas municipales"

A ver se alguen se anima e temos onde escoller os que non nos gusta o rollo convencinal.

Anónimo disse...

vergonzoso el articulo sobre Aquilino, ¿obras farónicas?, ¿eso dónde lo leiste? ¿sobre los pantanos de Franco? apunta más obras faraónicas:estación de autobuses, piscina climatizada, etc; ¿ o esas no entran dentro de tu clasificación, en el apartado de faraónicas?. De los pleitos también podías hablar....la simple mención de un pleito carece significado, explica cojones!

Anónimo disse...

para o alporizado do derradeiro comentario:

se clicas no titular desta nova, verás que o artigo é da Voz de Galicia (literal completamente). Así que reláxate, e se non che gusta xa sabes con que tes que discutir. :)

Anónimo disse...

Tienes razón, La Voz de Galicia, la objetividad de los medios de comunicación representada en un periódico...DEMAGOGIA SEÑORES!

Anónimo disse...

o cemiterio, a estación de buses, a ponte dos cornos, a ponte dos chaos, a pasarela na ponte de isabel II, a escultura dos 7 camiños, a estatua de rivera rouco, etc.: feísmo e derroche de cartos (débeda de máis de 1000 millóns).

Grazas Aquilino, por non presentarte desta vez.

Anónimo disse...

Moraleja: haz rotondas y ponles flores, coloca a los parados de tu familia y tira millas...fórmula simple, barata y eficaz.

Anónimo disse...

Y tu más, mira que ti...

Alguén sabe quen terá o ego máis grande dos dous?