quinta-feira, junho 28, 2007

V Encontros Internacionais de Arquitectura

V Encontros Internacionais de Arquitectura que se celebrarán en Santiago entre o 8 e o 10 de novembro neles partiparán entre outros:
Alvaro Siza autor do Parque de Bonaval, o CGAC e a facultade de periodismo en Santiago. Para mín, o noso mellor arquitecto nas últimas décadas.
Zaha Hadid arquitecta iraniana residente en Londres (premio pritzker no 2004)
Thomas Herzog un dos socios do estudo suizo autor entre outros da rehabilitación dunha central térmica no centro de Londres na galería TATE BRITAIN.

imaxe da "nave industrial" de BMW en Leipizg onde desenvolven as súas activides de ingestigación, da arquitecta Hadid.

discriminación laboral

Las gallegas cobran de media un 27% menos que los hombres.

+información

quarta-feira, junho 27, 2007

Unha web permite o seguimento contínuo ás doazóns para proxectos de cooperación para o desenvolvemento e de acción humanitaria

Grazas á iniciativa “Apadriña un proxecto”, que vén de presentar Mundo Unido na Casa do Voluntariado de Madrid, os cidadáns que o desexen, poderán, a partir de agora, escoller a qué ONG, país e proxecto concreto desexan destinar as súas aportacións económicas.Mediante esta innovadora “fórmula”, na que se empregan as novas tecnoloxías para financiar programas de cooperación con distintas ONG, os doantes poden escoller o proxecto en función da súa ubicación xeográfica, da actividade que le leve a cabo (subministro de auga, alimentos, educación, hixiene...) ou da institución que o desenvolva, vía Internet, a través da súa páxina web, www.apadrinaunproyecto.com.

Neste sitio, os cidadáns poden escoller entre distintos programas de axuda ós necesitados e facer as súas aportacións económicas para contribuír, entre outras cousas á reinserción social dos mozos da rúa en Luanda (Angola), á creación de emprego para a muller no sector pesqueiro en Senegal ou á mellora dos servizos de saúde nos campos de refuxiados palestinos. Ata o de agora, na páxina web existen nove organizacións distintas que veñen de presentar 21 tipos de proxectos, aínda que o presidente da entidade organizadora, José Hernández, asegurou que “o obxectivo é superar o cento nun ano e en máis de 30 países”.

Os cidadáns que decidan facer a súa aportación económica, teñen a seguridade de contar cunha supervisión externa que garante que a doazón chegue ó seu destino por medio da figura do “Defensor do doante” e asimesmo, estes recibirán completa información de xeito periódico sobre o progreso dos proxectos nos que se investiron os seus cartos. Ademais, as organizacións que forman parte desta iniciativa a través da Rede, ou ben obtiveron (como requisito imprescindible) a acreditación “ONGD Calificada” da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), ou ben son unha congregación misioneira, ou están sometidas ó control da Fundación Lealtad.

xuicio ó conductor que rematou coa vida do noso amigo Jonh

Según a Voz:

(...) O conductor do Golf que causou a morte, Ángel Manuel Castro Souto, fue juzgado ayer, acusado de un delito por homicidio de imprudencia grave.

O fiscal pediu para el tres anos de cárcere e tres e medio sen o permiso de conducir. A acusación particular tamén reclama a mesma petición de prisión e eleva a catro anos e medio o tempo no que o mozo deberá quedar sen o carné de conducir. A acusación particular pide eleva-la pena a catro anos. O acusado, con nove meses de carné, ía bebido e a velocidade supostamente excesiva.

O acusado foi sometido á proba de alcoholemia e deu unha taxa de 0,64 miligramos por litro de aire expirado. Non debería pasar dos 0,15 por ser un condutor novel. O policía instrutor do ateigado puxo de manifesto que, na súa opinión, o accidente produciuse por varias cuestións: velocidade inadecuada, pavimento esvaradío e falta de pericia do condutor. Recordou tamén que este, cando ocorreron os feitos levaba case 24 horas sen descanso.

máis información na voz de galicia

terça-feira, junho 26, 2007

A web agrogandeira da Cooperativa da Capela





Hai uns días falabamos neste web do galardón concedido á Cooperativa do Campo Capela na Feria de Silleda polo concurso internacional do Día do Agricultor. Hoxe queremos presentarvos a súa porta no internet, onde amosan os seus excelentes productos, entre eles o sabroso requeixón e o queixo fresco.

Productores do Campo da Capela Sociedade Cooperativa Galega, está constituida por explotacións gandeiras adicadas á producción de leite, á cría de gando de carne, e á horta.Como ámbito territorial a Cooperativa comprende a provincia de A Coruña, tendo socios actualmente dos concellos de:A Capela-Ares-As Pontes-Cabanas-Fene-Miño-Mugardos-Neda-San Sadurniño.

O fin principal da Cooperativa é a realización de todo tipo de operacións encamiñadas ó mellor aproveitamento das explotacións dos seus socios, e á mellora da poboación agraria e o desenrrolo do medio rural a través de servizos, actividades e formación.

SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA LTDA. PRODUCTORES DO CAMPO DA CAPELA
R/ Calzados 15613, A Capela, A Coruña
Telf. 981459028 Fax. 981459300
ana@coopcapela.com
www.coopcapela.com/

A Cruzada da Igrexa contra Amnistía Internacional


El Vaticano condenó ayer a la organización humanitaria Amnistía Internacional (AI) por su política a favor del aborto y anunció que suspenderá la ayuda económica que le ofrecía. "La Iglesia católica dejará de financiar a Amnistía Internacional debido al cambio de posición decidido sobre el aborto", advirtió el cardenal Renato Martino, presidente del Pontificio Consejo para la Justicia y la Paz.
No recuerdo que hubiera llegado nunca tan lejos. Amnistía Internacional, organización de trayectoria intachable en la defensa de los derechos humanos, es hoy objeto de ataques por parte de la Iglesia católica. Como excusa, el manido tema del aborto, que los dirigentes eclesiales suelen sacar cuando quieren descalificar. Pero, ¿no habrá influido en esta nueva campaña vaticana la reciente visita del presidente norteamericano Bush? Por todos son conocidas las críticas que Amnistía Internacional dedica al Gobierno estadounidense por su guerra sucia contra el terrorismo (Guantánamo, detenciones secretas...).
Tras la liquidación del Concilio Vaticano II, los sucesivos Papas se han alineado con las posturas políticas más conservadoras, en una suerte de integrismo occidental donde el aborto se ha convertido en el único pecado perseguible. ¿Qué pensará el santo padre sobre la pena de muerte en EE UU o los condenados a morir por hambre en África? A juzgar por la poca vehemencia que manifiesta contra estas realidades, parece que lo que más le molesta es la defensa que de los derechos humanos realizan organizaciones tan admirables como Amnistía Internacional.
A imaxe dos repoludos foi tomada por Maite Bouza, en Ovieu na Semana Santa do 2.007

segunda-feira, junho 25, 2007

Unha imaxe para o galego



Felicidades os gañadores do certame "Unha imaxe para o galego" dos nosos compañeiros de Vieiros coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os gañadores foron: Alberto Dafonte co video Pelotas, e Manu Lago coa foto que vedes "Unha lingua sacada a flote". Para ver o video: Pelotas

A Xunta da permiso para arrasar unha grande parte da Serra do Courel











A previsible renovación da licenza á empresa que explota a mina de lousa da Campa, no Courel, está a erguer unha ampla polémica. Segundo denuncia a plataforma SOS Courel, esta explotación afecta a varias aldeas medievais, un bosque centenario e máis un río. Ao tempo, a Fundación Germán Estévez denunciou que a posibilidade de que se abran novas canteiras de granito no concello de Castroverde afectaría a bosques centenarios, rochas únicas e unha capela do século XV.

domingo, junho 24, 2007

Campamentos de verán na Coruña

A Asociación Pedagóxica e Cultural Gamelán da Coruña traballa con menores, e están a procurar monitores de ocio e tempo de lecer voluntarios e/ou en prácticas, para os meses de xullo e agosto, tempo no que organizan campamentos de verán. Están buscando xente activa que queira realizar as súas prácticas ou que queira colaborar con eles. Están abertos a calquera proposta de traballo, organizando as programacións entre todo o equipo de monitores. É un campamento de integración con rapaces normalizados, rapaces con algunha discapacidade e/ ou derivados de Servizos sociais.

Se che apetece gozar aprendendo...anímache!! Pagan desprazamentos (dentro de España), aloxamento e manutención.

A s o c i a c i ó n P e d a g ó x i c a e C u l t u r a l G am el án
R/ A d e l a i d a M u r o 5 2 - 5 4 B a i x o – A C o r u ñ a
T e l : 9 8 1 2 2 2 5 5 4 M ó b i l : 6 3 9 6 5 0 1 6 4

Noite de meigas é noite de festa



































































A popular noite de San Xoan celebrase dende a antiguedade pra festexar a noite máis curta do ano, e ademais como festa pagá, pra purificar as almas e de paso espantar algunha meiga ou diaño que ande por ahí.
Neste caso coma todos os anos, na Cooperativa Santiago Apóstol da rúa Celso Emilio Ferreiro celebrouse a popular noite de San Xoan, onde non faltou de nada: Viño, sardiñas, churrasco, música en vivo... e algún diaño pequeniño tamén tivemos.

Comunicado da Asociación SOS Courel

Incrible !! pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a Xunta de Galicia decidiu acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento:

-O 21 de xuño, foi autorizada pola Xunta a Canteira A Campa-Santa Eufemia, (paxinas 2 e 17)http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf

O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar definitivamente co “Espazo Cultural do Courel”.Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002, confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17Esta canteira, ao parecer foille formulada un ha Declaración de Impacto Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización http://www.amigosdaterra.net/cmn-album/main.php?g2_itemId=6426

Se este documento fora a garantía ambiental, cando se está a arrasar un río e un bosque centenario, preto de media ducia de poboados medievais, mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.- O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao “Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza”, polo que unha vez aprobado no Parlamento, o Courel será declarado “Concello Mineiro”. A minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf


- Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación do primeiro Parque Eólico, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra do Oribio, no Camiño de Santiago.


Seguimos coa campaña de recollida de sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!

- Impríme o modelo:
EN Galego: http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20natural.pdf

EN Castellano: http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20castelan.pdf


- Mándaas ao seguinte enderezo:“Asociación SOS Courel”.
Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 ( Lugo.)

VER VÍDEO DO COUREL

quinta-feira, junho 21, 2007

Cultura urbanística
















... Tamén de fotografía, tamén de exposición e tamén de urbanismo vai o concurso que convocou a Asociación cultural Choiva Ázeda.

O “I Concurso Fotográfico Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes” pretendía que a xente saíse ás rúas e fotografase aquelo que lle chamaba a atención por aberrante e por irrespectuoso coa paisaxe. “Porque hai cousas que ás veces saltan á vista. Paseando polo pobo vimos tremendas barbaridades, non se segue ningún criterio e acaba habendo casas vellas ao lado de edificios enormes” denuncia Marcos Varela membro da asociación cultural que convocou o concurso.

O propio Marcos asegura que cando se “fan concursos de fotografía, a xente nunca saca as cousas feas e nos quixemos facer a denuncia”. O resultado foi un alto número de participantes e, coas fotografías recibidas, montouse unha exposición. “Temos previsto facer outra edición pero ao mellor cambiamos a temática. En lugar de facer feismo facemos o contrario, que a xente fotografíe aquelo que considera o máis bonito, por exemplo”, asegura o responsable desta asociación que leva varios anos desenvolvendo múltiples actividades como festivais ou charlas...

A imaxe é de Armando Maseda ("Benvidos a As Pontes". Lei urbanística en Galicia. Fai o que che pete)

Extraido de http://www.culturagalega.org/
Ver o artigo completo

Como non debe facerse turismo? Paraísos en perigo de extinción

O turismo e o cambio climático convértense en depredadores dos espazos naturais. Forbes publica a lista dos destinos máis ameazados do mundo. Se es amante da natureza, mellor confórmate con velos en postais. Non todos os destinos son unha boa opción para pasar as vacacións. Visitar recunchos como o parque dos Everglades en Florida, as Illas Galápagos, o val de Katmandú en Nepal ou Luxor en Exipto pode non ser unha boa idea, porque, tal e como explica a revista Forbes, algúns xa non se poden percorrer debido ás restricións e accedendo a outros podemos contribuír á súa degradación.

Nas últimas cinco décadas, o fenómeno do turismo pasou de desprazar 25 a case 700 millóns de viaxeiros ao ano, e a lugares cada vez máis remotos, segundo datos da Wikipedia. Un fenómeno de tal magnitude e cunha expansión tan rápida, loxicamente, xerou impactos alá onde se estableceu. Segundo o informe ‘A Situación do Mundo’ do Worldwatch Institute, a sobreexplotación turística que viviron destinos como as Illas Galápagos puido contribuír a que hoxe día algúns dos lugares máis paradisíacos do mundo convertéronse en paraxes nun grave estado de degradación.
A fundación Charles Darwin explica, por exemplo, que as máis de 120.000 persoas que recibiron estas illas da costa de Ecuador o verán pasado poden ser as responsables das complicacións que sofren as especies mariñas da zona. Os turistas traen consigo xermes aos que as tartarugas, iguanas ou leóns de mar das Galápagos non son inmunes.
Outro inimigo das paraxes naturais é o arrequecemento global. Este está, por exemplo, acabando co parque nacional do Glaciar de Montana. Segundo os datos do Worldwatch Institute, neste espazo, que ten máis de 130 lagos e un milleiro de clases de plantas diferentes, teñense derretido a maior parte dos 150 glaciares que se contabilizaban a mediados do século dezanove. As perspectivas, ademais, non son nada esperanzadoras. Espérase que en 20 anos non quede nin un só glaciar no parque.
Imaxe: Great Barrier Reef, Australia

A vergonza de Valencia




Un centro de acollida xa!!


Por xustiza!!


Producido por Pluralia Tv

A Rapa das Bestas da Capelada reunirá a 250 cabalos salvaxes

A Rapa das Bestas que se celebra dende hai máis de 30 anos no curro da Capelada, en Cedeira, afronta este fin de semana unha nova edición. Uns 250 cabalos salvaxes descenderán desde os montes próximos á zona para converterse nos protagonistas dun encontro que congregará, segundo a organización, a unhas 3.000 persoas.

A asociación de gandeiros Pena Toxosa, que promove o curro en colaboración co Concello, introduciu nesta edición da festa unha novidade gastronómica. As actividades arrincarán o sábado ás 20.00 horas cunha festa e a degustación de poldro. Aínda que o día grande será o domingo.

LOCALIZACIÓN DAS PRINCIPAIS RAPAS DE GALICIA:
-As Canizadas (Pobra do Caramiñal) 12 ou 19 de xulio
-Candaoso (Viveiro) 1º domingo de xulio
-Campo do Oso (Mondoñedo) Derradeiro domingo de xuño
-San Tomé (Valadouro) 1º domingo de agosto
-Mougás (Oia) 8 de xuño
-Morgadáns (Gondomar) 15 de xuño
-San Cibrán (Gondomar) 22 de xuño
-Sabucedo (A Estrada) 6 de xulio
-Monte Castelo (Cotobade) 3 de agosto
-Domaio (Moaña) 13 de agosto
-Paradanta (A Cañiza) 31 de agosto
-O Galiñeiro (Gondomar) agosto

caride calidade

Da Voz de Galicia:
<< De pouco lle valeu onte á conselleira de Política Territorial, María José Caride, que o alcalde de Rianxo, o socialista Pedro Piñeiro, teña os mesmos colorees que o departamento que ela dirixe. O rexedor, que ao redor das oito e media da mañá desembarcou en Monte de Dorna para comprobar que sucedía coas inundacións, non dubidou en cualificar a situación de «imperdoable».
Sen panxoliñas, Pedro Piñeiro indicou que cando chegou ao lugar viu que «aquelo estaba terrorífico». Non en balde, dos tres accesos existentes para saír ou entrar á parte de Monte de Dorna máis próxima ao mar, dous estaban completamente alagados e, xa que logo, inutilizados, e un terceiro mantíñase tamén inservible a causa do lodo. «É que non podíase pasar por ningún lado», salientaba o alcalde Piñeiro.
Así, o rexedor non tardou nin media hora en marcar no seu teléfono os números dos correspondentes responsables da consellería. «Claro que chamei e pedín que se tomen medidas drásticas e contundentes de forma inmediata. Isto non pode seguir así», dixo.

O rexedor referiuse a que as pontes causantes das inundacións en Monte de Dorna non reúnen as condicións adecuadas. «Á vista está que vos fixeron mal, teñen problemas de altura e anchura», sinalou.
Os seus avisos non caeron en saco roto xa que, poucas horas despois, e tras recibir xa a visita do alcalde, numerosos veciños apiñábanse á entrada dos alagados túneles. Alí, Manuel, Pepe e ata unha señora enlutada dos pés á cabeza explicaban a súa situación. «Vese claramente que as pontes son moi baixiñas, que non dan a altura e que as quixeron enterrar tanto que agora non fan máis que alagarse», oíaselles dicir. Ata, no seu afán por demostrar a enxunlla do problema, armada cun mergullador, unha das veciñas abriuse pasou polas augas gritando «mirade, mirade, que case me chega ao pescozo».
No medio dunha improvisada asemblea veciñal, esta muller e os seus conveciños decidiron que non ían permitir que se achicase a auga do charco formado alí. «Así quedemos separados toda a vida non imos deixar meter a bomba, que se demostre que a auga pode saír por se soa», sinalaron.
Foi entón cando unha técnica da empresa que constrúe a nova autovía intentou acougalos. A muller empezou con bo pé, pero acabou alterándose: «Si, estas pontes son unha puta merda», afirmou entre berros. Armouna. Tivo que marcharse, pero antes, e mentres os veciños seguían á garda e custodia da poza, a operaria oíu: «Sonse unha merda tirádeas xa».>>

A señora Caride e a Consellería que ela que dirixe son os mesmos que estiverón a presionar a Patrimonio estes dous anos pasados para arrasar o lugar onde estivo o círculo da Mourela en vez de facer un tunel como Deus manda: bueno, bonito e barato. En Riaxo agora terán que gastar os cartos dos contribuintes e refacer os pasos alevados a nos non nos queda máis co recordo.

quarta-feira, junho 20, 2007

FEDERACIÓN INTERNACIONAL DE ATEOS

Francisco Miñarro, Coordinador de la Federación Internacional de Ateos (FIdA).

El 7 de julio de 2005, coincidiendo con los atentados integristas del metro de Londres, un grupo de ateos deseosos de dar forma a un ambicioso proyecto colectivo iniciábamos la andadura de la FIdA, con el objetivo declarado de constituirnos en un claro referente en defensa de la razón y de la libertad de conciencia frente a un mundo cuyo futuro se veía –y se sigue viendo- seriamente amenazado a causa del fanatismo, de la irracionalidad y del delirio religioso. Un año y medio después, constituidos ya como asociación legal, tras un proceso constructivo de crítica interna y de expansión, con una mayor experiencia y con un perfil más concreto en cuanto a los fines y los medios a emplear, habiendo logrado además una cierta implantación y configurado los mecanismos adecuados que permitan obtener resultados aceptables, hemos decidido abordar una nueva etapa de consolidación que sin duda requiere de todos nosotros un mayor grado de compromiso y de solidaridad (...)

Visita á Federación Internacional de Ateos

domingo, junho 17, 2007

deserto?

Según Naciones Unidas, España es el país más árido de Europa. Un tercio de su superficie sufre una tasa muy elevada de desertificación y un 6% ya se ha degradado de forma irreversible. Las zonas más afectadas hasta ahora son la vertiente mediterránea y las islas Canarias.

La desertificación es un proceso de degradación de tierras por efecto directo de la acción humana. Las principales causas de este proceso son la sobre explotación de los recursos hídricos, la agricultura intensiva, la tala indiscriminada de bosques, el sobre pastoreo, los incendios y la ocupación del suelo por el negocio inmobiliario.

Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife y WWF/Adena dedican este año el “Día Mundial de Lucha contra la Desertificación y la Sequía” a denunciar el Plan Especial del Alto Guadiana (PEAG), por ser un paradigma de cómo las Administraciones pueden diseñar una política que llevará a desertificar un área rica en humedales de importancia Internacional.

A imaxén é de dleive.

Entrevista responsable 061 sobre regasificadora Ferrol












Aquí tedes un enlace directo á entrevista a Carlos Lareo, responsable de catástrofes do 061 de Ferrol, realizada pola Asociación Gaxarte de Asturias, a traverso da súa emisora Onda Peñes.

Non ten desperdicio e Mete medo.

Ir á entrevista.

quinta-feira, junho 14, 2007

a Capela

A presidenta da cooperativa da Capela, Manuela Permuy, recibiu onte na Feria de Silleda o terceiro premio do concurso internacional do Día do Agricultor.
A sociedade de produtores recibe así un recoñecemento público aos seus esforzos por impulsar o sector agrícola e gandeiro.

quarta-feira, junho 13, 2007

Nota informativa do Comité Cidadán de Emerxencia




"Na páxina Web de TVG (en Television á carta) ou na do Comité Cidadán http://comitecidadan.org, pode verse a entrevista realizada na mañá de hoxe mércores 13 de xuño de 2007, en directo, no informativo matinal de TVG titulado BOS DÍAS, cunha duración de dez minutos.

Carmelo Teixeiro prefireu non perder tempo en correxir o nome que se lle asignou de Presidente do Comite CidadÁn de Emerxencia, o cal non e correctro, xa que é Coordinador.
Tamén sinalara que as cifras que menciona de agua do mar que Reganosa pretende usar, 300.000 toneladas e 600.000 toneladas, son cifras redondeadas por día. A primeira cifra corresponde a capacidade de Regasificación de 322.500 m3/hora que consta na autorizacion a Reganosa para a que precisaría duns 43 barcos ao ano, un cada 9 dias. A segunda cifra correspondería á ampliacion que pretende de 800.000 m3/hora para o que precisaría susministro duns 105 metaneiros ao ano, un cada tres días de 140.000 m3.

Ademais de responder claramente á situación de Bernardo Bastida a día de hoxe, nesa entrevista Carmelo Teixeiro tratou de aporar un contido claro de que Reganosa non é estratéxica, e tamén de que súa Pranta de gas aínda non esta feita para sair ao paso de persoeiros que están errados, unhs e outros queren enganar ao público e tamén enganarse a si mesmos. Ademais nesa entrevista trata de aportar as chaves de como pode e debe ser resolto, a favor da poboacion e dos intereses de Galicia, o conflicto social que Reganosa ven plantexando desde fai case dez anos."

As fotos adxuntas son dos vertidos de Reganosa en unha de súas probas cando estaba descargando o metaneiro Mourad Didouche. Na escollera e preto á costa está a descarga dos vertidos, un tubo de dous metros de diámetro, de onde sae a "sopa química de auga de mar esterilizada con restos de cloro e bisulfito". Nestas probas debe sair unha cantidade menor da que corresponde á vaporización nominal, é dicir, como son probas ese vertido pode estar moi por baixo dos 11.000 m3/hora correspondientes aos 322.500 m3/hora de gas natural regasificado que constan na autorizacion de Reganosa como capacidade nominal.

terça-feira, junho 12, 2007

Novo número do xornal comarcal Pegadas

Pegadas é unha publicación mensual orientada á comarca do Eume (San Sadurniño, Moeche, As Somozas, As Pontes, A Capela, Monfero, Vilarmaior, Pontedeume, Cabanas), un medio de comunicación comprometido co territorio e co medio rural, que iniciou a súa andaina no mes de decembro do ano pasado. Pegadas é un proxecto de información impulsado pola Asociación Euroeume, que traballa dende hai 10 anos polo desenvolvemento do territorio.

O xornal pretende ser un instrumento ao servizo da nosa comarca; unha praza pública na que falar do noso, un lugar de encontro para as institucións, asociacións, empresas e persoas que fan deste territorio o seu modo de vida; un punto de apoio para o que desexe facer medrar calquera iniciativa neste territorio.

Once puntos de venda no Concello das Pontes:
- O Muíño (Saa)
- Casa Picos (A Faeira)
- Kiosko do Parque (Avda. Ortigueira)
- Kiosko Antonio (Avda. Galicia)
- Casa Valentín (Goente)
- Librería Xandra (Avda. Habana, 42)
- Librería Galaica (Rúa Neda)
- Kiosko Magdalena (Rúa Viveiro)
- Deportes A Fraga (Avda. Habana, 145)
- Estanco Candelaria (Avda. das Veigas, 54)
- Estación de Servizo Goente (Goente)

O prezo do xornal é de só 1,80 Euros.

"Pegadas"
Rúa Capela, 21 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono: 663 08 74 76

Cidadáns de segunda

É unha reportaxe de Telemadrid, que trata sobre a situación dos inmigrantes en Cataluña e os problemas coa educación dos seus fillos en castelán. Ver a reportaxe.

sexta-feira, junho 08, 2007

Campaña para prohibir as lámpadas incandescentes

Greenpeace está a promover unha campaña para pedir aos Parlamentarios Europeos que apoien a Declaración de prohibir as lámpadas incandescentes.

A maioría das lámpadas que se utilizan nos fogares da Unión Europea perden máis do 90% da electricidade en forma de calor. A Unión Europea debería establecer estándares que garantan que as lámpadas que existen no mercado sexan eficientes, modernas e respectuosas co clima.

Algúns membros do Parlamento Europeo están de acordo con esta petición, e redactaron unha “Declaración por Escrito” pedindo á UE que prohiban as lámpadas que malgastan enerxía. Para que esta declaración apróbese oficialmente necesítase a firma de 400 membros do parlamento.

Só con substituír na UE a antiga tecnoloxía de iluminación por tecnoloxía moderna, poderíanse pechar 25 centrais de enerxía de tamaño medio e deixaríanse de emitir 20 millóns de toneladas de CO2.

quinta-feira, junho 07, 2007

A sala DZine pecha a súas portas

A sala DZINE de San Sadurniño pecha definitivamente o día 23 de xuño, o que é unha grande mágoa para os amantes da música en vivo, xa que é un dos garitos da bisbarra que máis estaba a apoiar os espectáculos musicais en directo. Desexámoslles o mellor e agradecémoslles as noites de festa innovidables que nos brindaron. Incluímos na nova a súa carta de despedida e unha programación para o mes de xuño que non vos debemos de perder.

Moi boas amigos!!

Hoxe no info DZine unha nova que costanos moito dar, pero... a DZine pecha as suas portas o vindeiro 23 de Xuño.

Despois de 3 inesquecibles anos con todos vos, despois de facer amigos e amigas por toda Galiza e parte do extranxeiro, despois de vivir momentos que os nosos netos vanse a cansar de escoitar, despois de disfrutar un fin de seman si e outro tamen da millor música en directo, o equipo da DZine decimos pechar as portas da sala e abrir as de novos proxectos e novas ilusions.
Moitos preguntaredesvos os motivos, pero non me vou a poñer aquí con letanias, o que si e que a decisión foi moi meditada e creemos que ten que ser así.

E para despedirnos como vos merecedes temos preparado un mes de xuño cheo de música ao vivo pero, sobretodo, cheo de amigos. A ver si vos gusta.


PROGRAMACIÓN MES DE XUÑO:

Venres 8 a partir das 12 da noite e con entrada de balde
FUCKIN' FUNKY grupo ferrolán que fusionan soul jazz e funky

Sábado 9 a partir das 23:30h
Gustavo Almeida & Brasilian Night (
www.gustavoalmeida.com)
Gustavo e a súa banda irán quencendo os motores da DZine a ritmo de brasil para que xusto despois suban o esceario...

LAMATUMBÁ (
www.lamatumba.com)
Que decir destes grandes amigos da terra da chispa que non saibades xa todos os DZineros.
Simplemente LUUUUUUMEEEEEEEEE!!!!

Venres 15 a partir das 23:30h
1ª Semifinal do concurso para bandas noveis organizado polo FENE ROCK FESTIVAL
3 grupos en directo loitando por unha praza no esceario do FRF 07

Sábado 16 a partir das 12 da noite
Festa de presentación do FESTIVAL DO RIO CASTRO 07
un ano máis temos o orgullo de organizar a festa de presentación do festival de "Naraio" e esta vez contaremos coa música en directo de QUEMPALLOU.

Venres 22 e Sábado 23 FESTA 3º ANIVERSARIO SALA DZINE
E para este último fin de seman estamos preparando unha festa por todo o alto na que queremos que todos sexades participes.

Empezaremos o Venres 22 cun dobre concerto duns grandes amigos como son GUEZOS do Ourense e a BANDA POTEMKIM de A Coruña.

E o sábado 23.... isto imos a esperar un pouco antes de contalo, eso sí, este ano olvidadevos de "sardiñadas caseras" e vinde todos a San Sadurniño

Moitas grazas a todos por 3 anos DZine!!!
Pero como din unhos grandes amigos...
AINDA QUEDA MOITA FESTA!!!!!!!


Entrevista a Ivan Sanjurjo na Voz

As obras da Autovía 64 entre Ferrol e Vilalba rematan cos restos do círculo lítico de A Mourela, nas Pontes

Era un dos poucos círculos líticos do megalitismo documentados no país.

O erudito local Federico Maciñeira localizouno a finais do século XIX, pero as súas pedras foron empregadas na construción dunha estrada. Só despois de ser aprobado o trazado da autovía AG-64 entre Ferrol e Vilalba, que atravesaba polo medio do xacemento, se puideron comezar as excavacións na zona, que demostraron a existencia do círculo lítico e unha posterior edificación medieval.

Onte a Consellaría de Cultura levantou a zona de cautela sobre o xacemento, tras recibir un informe da Consellaría de Obras Públicas desestimando un cambio no trazado da autoestrada. As escavadoras xa comezaron a levantar a terra.

Un activo movemento local e veciñal defendeu durante estes anos a escavación, a preservación dos restos e o desvío do trazado da autoestrada.

Artigo extraído do web do Consello da Cultura Galega na Rede

quarta-feira, junho 06, 2007

Hoxe 6 de Xuño día do doante

A misión fundamental da ONT (Organización Nacional de Transplantes) é facilitar a doación e o trasplante de órganos, tecidos e células. Para o cal é necesario chegar a todo o mundo e desenvolver todo unha activadade multidisciplinar na que as novas tecnoloxías xogan un papel cada día máis importante. Un día coma o de hoxe, todos podemos colaborar salvando vidas, só temos que facernos doantes.
Clickea no titular para ir a páxina da ONT.

terça-feira, junho 05, 2007

COMUNICADO DE ADEGA E A PLATAFORMA EN DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES

A Asociación Ecoloxista ADEGA e a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes, expoñen:

Hoxe, día 5 de xuño, día mundial do medio ambiente o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Galiza borrou dun plumazo o Círculo Lítico da Mourela, no concello das Pontes de García Rodríguez. A media mañá de hoxe varias máquinas entraron no xacemento destruindo o mesmo en superficie. Ademais a situación na que quedan as tres mámoas da necrópole é insostíbel, dado que unha gabia de máis de 50 metros de profundidade atravesará este conxunto pola metade.

Ante esta situación, cremos que se repetiron os erros do pasado e non se fixo ningún intento por parte da Administración por dar transparencia a esta destrucción.

Ignorouse ademais a alternativa da execución dun túnel presentada polas nosas organizacións, que no mes de novembro de 2006, contaba co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio, que confiaba nesta alternativa como solución á destrucción.Hai que sinalar que a Lei do Patrimonio Cultural Galego, esixe a formulación e o estudo de tódalas alternativas existentes denantes de destruir o patrimonio. Cremos que no caso da Mourela a Lei non estivo vixiante.

A decisión de construir un túnel que salvagardara a necrópole megalítica non era unha cuestión económica nin legal, era unha decisión política, polo que consideramos que a Administración tomou o camiño equivocado.

Por isto dende ADEGA e a Plataforma, pedimos a demisión do Dir. Xeral de Obras Públicas D. Manuel Morato, por non estudar a alternativa existente e coaccionar á Dir. Xeral de Patrimonio, na toma desta decisión.

Logo de apoio público da Dir. Xeral de Patrimonio á alternativa do túnel lamentamos profundamente que o seu director xeral D. Felipe Arias, non tivese a entereza suficiente para esixirlle á Dirección Xeral de Obras Públicas a valoración e o estudo da alternativa do túnel e en consecuencia pedimos que os responsábeis desta situación, demitan.

Ademais aproveitamos este comunicado para anunciar a activación dun dispositivo de loita activa contra a especulación do noso Patrimonio arqueolóxico, que inclúe medidas de carácter social e legal.

Durante a xornada de mañá anunciaremos as diferentes movilizacións que se producirán durante os vindeiros días como repulsa a este Atentado Patrimonial.

Hoxe é un día triste para a arqueoloxía en Galiza, mais tamén o é para a Cultura Galega. Os veciños das Pontes non aturaremos máis destruccións do noso Patrimonio, coas nosas mans conseguiremos virar o rumbo desta nave da sinrazón e por a nosa proa na dirección axeitada, que remate dunha vez por todas coa especulación do noso patrimonio cultural.

CONSEGUÍRONO: A MOURELA FOI ARRASADA ESTA MAÑÁ

Sen facer públicos os estudos dos arqueólogos no Circulo Lítico, sen estudar algún tipo de alternativa ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole megalítica, e sen termos constancia de se a Dirección Xeral de Patrimonio deu o visto bo, a CPTOPV decide arrasar hoxe o alto da Necrópole, enclave crucial do patrimonio megalítico.

Noraboa señores políticos, por conseguires destruir o sitio arqueolóxico da Mourela e a esperanza de moitos cidadáns nunha nova forma de entender a democracia. As futuras xeracións lembraranvos eternamente.
MOURELA D.E.P. (3.000 a.C -5 DE XUÑO DE 2.007)

+ INFO en www.amigus.org/mourela.php

Ofertas de emprego do mes de xuño

A Asociación de Economía Social Briante xa ten unha nova lista de ofertas de emprego na nosa comarca e no resto de Galicia, dispoñibles na súa web.

Ecoaldeas, sembrando as bases para unha vida sostible

As ecoaldeas plantexan unha forma de vida cotiá dirixida a reducir o impacto ó que sometemos o planeta. Con principios ecolóxicos e culturais, estas comunidades viven entre a utopía e a necesidade social.

Están formadas por persoas que deciden unirse ó movemiento das comunidades sostibles atraídas sobre todo polo contacto coa natureza. Organízanse en forma de pequena vila ecolóxica, normalmente repoblando pobos abandoados, e viven e traballan tratando de facer un bo uso da terra e dos séus fluxos de enerxía para cultivala e obter recursos. Cultívanse hortas buscando ser autosuficientes e aprovéitanse ó máximo as enerxías alternativas, como a solar, os residuos son reciclados e lévanse a cabo traballos comunais, como a construcción de cooperativas o a rehabilitación das casas.
Podedes atopar máis información na páxina da RIE (Rede Ibérica de Ecoaldeas) formada por asentamentos sostibles situados na península ibérica que colaboran e se apoian mutuamente.

segunda-feira, junho 04, 2007

coa localización da pranta de reganosa...

... ou co trazado da autovía o seu paso pola Mourela, e con tantos outros erros do goberno anterior non se entende por que a actual administración ten que ser complice por omisión.

20º aniversario do Museo Etnográfico "C.P.I. Monte Caxado"

Nun pobo tan falto de espazos culturais onde entreterse e culturizarse, debemos lembrar o único centro museístico co que conta a nosa vila. Un museo. Ese a grande ironía que presentan as cifras reais dun concello de máis de 12.000 almas, e que durante os anos 1990 se congratulaba de ter un dos maiores índices de poboación con estudos superiores de Galicia. Pero este é outro tema que debería facer reflexionar a máis de un xestor público.

Nembargantes, a nova que nos trae aquí, é que hai arestora 20 anos inaugurábase o Museo Etnográfico do Monte Caxado, o 11 de maio de 1.987, coa presencia do Sr. Alcalde, por aquel entón D. Xaime Vilaboy, e o cronista oficial de As Pontes D. Enrique Rivera Rouco, encargado da cerimonia. Naqueles intres contaba con 250 pezas -todo un logro-, e máis se nos decatamos de como xurdiu e como é xestionado o noso museo -o único-.

Todo escomezou no curso 85/86: á proposta do mestre José Mª López Ferro, acórdase no Claustro deste Colexio crear un Museo Etnográfico como un proxecto pedagóxico máis. O motivo estaba claro pois, ó chegar a industrialización á vila, descenden os traballos artesanais, agrícolas e gandeiros. Quedan máis ben nos arredores, sendo os maiores os que seguen coas súas tradicións e, ó seren poucos, moitos destes traballos desaparecerán.

Seguindo a súa andadura, o Museo é visitado por outros Centros e xentes doutras localidades e mesmo da nosa, estranxeiros coma os franceses de Lesneven que están irmanados coa nosa vila.

É así como algo que comezou como un proxecto educativo, hoxe está a demostra-lo seu ben definido carácter como testemuña do pasado desta terra e de todos nós.

O C.P.I Monte Caxado atópase ubicado na zona norte do casco urbano, na saída con dirección a Ortigueira debemos tomar á esquerda a Av. Monte Caxado, onde se atopa o centro.

Galería do Museo Etnográfico

domingo, junho 03, 2007

Choiva Azeda FS nomeado o equipo máis deportivo

A pesar de que os resultados non foron tan bos como quixeramos, os siareiros ázedos podemos estar orgullosos do noso equipo que deu unha lección de valores e xogo limpo, acadando o trofeo ó equipo mais deportivo da temporada 2006 / 07 da liga local pontesa. Moitas gracias a tod@s os que nos apoiastes este ano e a prepararse para o que ven que será todavía millor.

Parabéns tamén ós campións de liga: Os Cebollitas e de copa: Bar Centro, así coma ós subcampións das dúas competicións: Cofegasa e ó pichichi Noé.

Preto de cinco mil persoas esixen o traslado da planta de gas de Reganosa é a liberación de Bastida

Unhas cinco mil persoas, segundo distintas fontes, sumáronse este mediodía á protesta convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría para esixir a liberdade do patrón maior do depósito ferrolán e o traslado da planta de gas de Reganosa, en Mugardos, ao exterior da ría.

A protesta prolongouse durante dúas horas, partiu desde o porto para finalizar diante do concello ferrolán, onde os convocantes lle lembraron á futura nova corporación da cidade, encabezada previsiblemente polo socialista Vicente Irisarri, que ten que dar unha solución á localización de Reganosa.

Na mobilización participaron tamén destacados dirixentes do BNG, que desde o Goberno da Xunta situouse a favor da planta que defenden como unha infraestrutura estratéxica para Galicia, entre os que atopábanse o ex-portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras e o ex deputado da UE Camilo Nogueira. Tamén se atopaba o escritor Agustín Fernández Paz e representantes das confrarías de mariscadores e pescadores doutros municipios galegos. O portavoz dos mariscadores ferroláns Jaime Gabarrri sinalou que este colectivo de mariscadores manterá a tregua concedida no seu día a Reganosa ata polo menos o vindeiro martes, data na que está prevista a vista xudicial para revisar o caso de Bernardo Bastida, en prisión desde o pasado mércores, polo bloqueo da ría á entrada do segundo gasero con destino a Reganosa.

Desde o comité cidadán de Emerxencia deron lectura hoxe a un comunicado onde se mostraban confiados en que a Xustiza lles dará a razón, ordenando o traslado de planta regasificadora. Consideran que do mesmo xeito que ocorreu fai anos coa catástrofe do Prestige, «os traballadores do mar víronse na obrigación de tomar a iniciativa ante a ineficacia das autoridades». O Comité considera que «a historia vai camiño de repetirse co caso de Reganosa», que cualifican como o «maior escándalo de corrupción política, económica e mediática da democracia».

En declaracións aos medios Xosé Manuel Beiras cualificou de «espléndido» o éxito da convocatoria e considera que esta mobilización cidadá precisa «dunha reflexión seria» e defendeu a localización de Reganosa no exterior da ría. Beiras considera que a planta de gas é unha herdanza «terrorífica» do Goberno de Fraga, aínda que sinala que a administración autonómica neste caso «ten que tomar a determinación de cambiar a liña política».

Charla sobre a Mourela en Portas Ártabras

A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e Adega organizaron este fin de semana na Coruña o acto Repensando A Mourela.

A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e Adega organizaron este fin de semana na Coruña o acto Repensando A Mourela. Ambas as entidades expuxeron a situación actual da necrópole prehistórica da Mourela, afectada polas obras da autovía que unirá Ferrol Cidade Vella.

Proxectaron catro vídeos e o arqueólogo Antón Malde falou da importancia da necrópole nos estudos e investigacións de prehistoria de Galicia. O museólogo Felipe Senén analizou a posibilidade de reconstruír o círculo lítico e de pór en valor o conxunto megalítico. Ademais, falouse da alternativa á destrución da necrópole proposta por Adega e a Plataforma, que pasa pola construción dun túnel.

+ datos