segunda-feira, abril 30, 2007

O quentamento global

Cumprense dous anos dende a entrada en vigor do Protocolo de Kioto. Mentres que outros países avanzan cara os seus obxetivos, a situación de España é moi preocupante, cunhas emisions un 37% superiores das que se establecen o noso compromiso.
Colabora co movemento clima en: http://www.moviemientoclima.org
Sala DZine San Sadurniño MAIO 2007
Venres 4 ZENZAR + ESKAKEO
www.zenzar.info

Non te perdas o brutal directo de Zenzar, a banda que dende o 87 segue a facer o millor punk-rock da nosa terra

Videoclip de "O Padriño"



e por se iso fora pouco ... www.myspace.com/eskakeo

Sábado 5 The CADS
www.thecads.com

Venres 11 LOST PSYCHOTICS + LOS IRIBARNES
www.lostpsychotics.com
www.losiribarnes.com

Sábado 12 SOAK
www.soakkaos.com

Venres 18 MOON CRESTA
www.moon-cresta.com

Sábado 19 FALTRIQUEIRA
www.faltriqueira.com

Venres 25 ERGOM
www.ergom.es

Sábado 26 FESTA FUNKY coa música en directo de:
THE SWEAT + LORETTA MARTIN

+ info en www.fotolog.com/ivandz

Amnistía Internacional (Arte e dereitos humanos)

Un gran número de artistas de recoñecido prestixio mostran o seu compromiso e a súa xenerosidade donando a súa obra a Arte Implicado, unha colección de arte gráfico contemporáneo de gran calidade.

quinta-feira, abril 26, 2007

A contaminación e a "nosa" central


Navegando pola rede de rede atopamos este artigo no blog de Antón Uriarte, a propósito do artigo pubricado no País hai uns meses e no que se destacaba o alto nivel de contaminación da central de As Pontes.

Ayer domingo destacaba en la portada de "El País" una fotografía tenebrista de la central témica de carbón de As Pontes. Bajo la imagen se escribía una leyenda acusatoria: "Esta central emite más CO2 que 2,4 millones de coches". Curiosamente en la fotografía de la portada no se ve la punta de la chimenea, que es por donde sale el CO2 (y es que el CO2 no se ve). Pero sí el vapor de agua condensado que sale de las dos torres de refrigeración. Para dar la impresión de mucha contaminación. Truquillos periodísticos.

Seguir lendo

quarta-feira, abril 25, 2007

xa asinamos 1500

xa asinamos 1500!
pola defensa do patrimonio local e pola construcción de infraestructuras de calidade.

Cantos galegos hai no mundo?

Estímase que uns 3.700.000 nativos de Galiza viven repartidos ao longo do mundo. A cuantificación dos habitantes da diáspora galega acada o 1.200.000. O Estado español, Arxentina, Venezuela, Brasil, Alemaña, Suíza e Francia son os lugares que acollen un maior número de emigrantes galegos. E é que a nosa identidade nacional e cultural non sabe de fronteiras. Pola súa banda, a Xunta ten localizado 316.027 emigrantes galegos con dereito ao voto en máis de 7.000 municipios estranxeiros.

Seguir lendo en A Nosa Terra

Un escolar de 13 años murió atropellado tras bajar del autobús en Pontedeume

Queriamos dar as nosas condolencias a familia desde rapaz. Estou acostumada a ver( en inglaterra) como os autobuses escolares paran soamente en lugares senhalizados, amplos, con visibilidade e como personas equipadas con ropas reflectantes e sinais de trAfico miran pola seguridades dos nenos. Normalmete as paradas de autobus estan precedidas de medidas reductoras da velocidade como estAn en realidade equipadas a amioria de zoas residenciais.

da voz de galicia:
"Bajó en la parada situada en la parroquia de Nogueirosa, al borde de la carretera que conduce al parque natural Fragas do Eume. Su casa estaba justo enfrente, pero al otro lado. (...) "O escenario no que se produciu o atropelo mortal é unha estrada sinuosa de 4,5 metros de ancho e sen beirarrúas. «Si, é perigosa», recoñecen axentes da Garda Civil de Tráfico.
O lugar do sinistro é un cruzamento polo que se vai á igrexa de Nogueirosa e cun cambio de rasante. (...)Esa estrada está especialmente transitada os fins de semana, no verán, en Semana Santa e en Nadal, pois é o único acceso rodado ao parque natural Fragas do Eume. Pola semana e durante os meses de inverno, o tráfico é menos intenso. O presidente da asociación de veciños de Nogueirosa, Antonio Regueiro, só quixo manifestar que a estrada rexistra moito tráfico e que non ten nin beirarrúas. "

Concurso de fotografía de Medio Rural





Con motivo da celebración do día forestal mundial o 21 de marzo de2007 a Consellería de Medio Rural convoca un concurso de Fotografía.
Prazo: 2007-05-31 BASES DO CONCURSO

Unha prospección arqueolóxica rescata 187 útiles paleolíticos nas comarcas de Lemos e Quiroga

Cada vez aparecen máis evidencias que certifican que en Galicia houbo unasentamento durante a prehistoria. O último descubrimento apareceu nas comarcasde Lemos e Quiroga, onde unha escavación dirixida polo catedrático RamónFábregas descubriu 187 útiles paleolíticos en bo estado de conservación. Poroutra banda, profesionais norteamericanos, peruanos e franceses participarán apartir da vindeira semana na quinta campaña arqueológica do Monte do Facho. Unhanova cata que se centrará na consolidación dos restos atopados.

+ na Voz de Galicia

segunda-feira, abril 23, 2007

Augas de Galicia licitará este ano unha Estación Depuradora de Augas Residuais en As Pontes

O proxeto suporá unha inversión que superará os 4 millóns de euros. Endesa acepta ceder parte da súa pranta de tratamento para acometer a infraestructura.

+ na Voz de Galicia

Os xitanos galegos por fín na Universidade

A escolarización de raparigos calés en primaria xa é de máis do 90%, pero na secundaria non chega ao 40%. Aínda hai moi poucos titulados en Galicia e os casos coñecidos son de mulleres.
Xitanos e universitarios. De entrada, a combinación parece tan difícil como querer mesturar aceite e auga. En Galicia, onde viven uns 9.000 xitanos, esa combinación resulta aínda máis estrana. Cóntanse cos dedos dunha man os calés galegos que fixeron ou fan unha carreira. A primeira en abrir camiño e acceder á educación superior foi María José Jiménez Cortiñas (fai case dez anos aprobou a selectividade e matriculouse en Traballo Social); seguiulle a súa irmá Irene, profesora, e agora é Zaida Jiménez Jiménez, de 19 anos, a que tomou a substitución e estuda Educación Infantil.

Pode haber algún caso máis (os denominados xitanos invisibles, que estudan pero non recoñeceron as súas raíces publicamente), pero a cifra final de titulados xitanos segue sendo minúscula. «Para chegar á Universidade hai que motivar e reforzar ao alumno desde cuarto ou quinto de primaria, con 10 anos. A comunidade xitana vai moi atrasada nisto», explica Santiago González, coordinador en Galicia da Fundación Secretariado Xeral Xitano. Aínda que a escolarización dos nenos calés mellorou moito pasouse do 65% a máis do 90% en primaria, e dunha presenza case nula ao 40% en infantil-, en secundaria a taxa apenas alcanza o 40%. «Aí está ou problema. Moitos deixan os estudos entre vos 12 e os 16 anos», apunta González. «O nivel de expectativas de éxito académico dos pais xitanos respecto dos fillos aínda é baixo e o tema cultural pesa. Moitos nenos convértense en adultos sen vivir a adolescencia, e comezan a traballar, casan e teñen fillos moi cedo», engade. «Cada paso é complicado, pero a mentalidade vai cambiando», asegura Raúl Jiménez, presidente da Federación Galega de Asociacións Xitanas. E ese cambio empezou polas mulleres. De todos os xitanos titulados en España, só dous de cada dez son homes. «A muller xitana é máis consciente de que estudar daralle prestixio, o seu lugar na sociedade actual. E transmitirán esa inquedanza aos seus fillos e estes terán un maior nivel educativo», afirma Santiago González. «As novas xeracións chegarán a máis e nun futuro veremos tamén médicos xitanos, avogados xitanos e psicólogos xitanos», conclúe Raúl Jiménez.
Artigos relacionados na Voz de Galicia

BANNER DE MANIFA DO 6 DE MAIO

Temos 2 cartazes para anuncia-la manifestación do vindeiro 6 de maio na defensa dunha terra viva e unha vida digna para todos:

Unha protesta motivada pola preocupacion de amplos sectores da sociedade galega pola degración do territorio.
2 cartazes pero somentes unha mensaxe: Galiza non se vende.

sábado, abril 21, 2007

Día Mundial da TERRA

O 22 de abril de 1970 máis de 20 millóns de persoas mobilizáronse para aumentar a escasa conciencia ambiental. O Día da Terra de 1990 máis de 200 millóns de persoas de 141 países participaron en celebracións conmemorativas en todos os continentes, levantando o status dos problemas ambientais a nivel mundial. Desta forma abriuse o camiño para o Cume da Terra das Nacións Unidas celebrada en Río de Janeiro en 1992.

Este ano, coincidindo con este día, as principais organizacións ecoloxistas españolas, así como outras organizacións, convocaron a manifestación Fronte ao cambio climático, menos CO2. A esta medida súmase a campaña Lazo verde, que pretende concienciar á cidadanía sobre a necesidade de tomar decisións drásticas para deter o cambio climático.

Pra consultalo pulse aquí

A longa, difícil e dura travesía do apóstata

Moitas dioceses poñen trabas para renegar da fe católica.
A Axencia de Protección de Datos xa axudou a 50 ateos.
Para apostatar hai que facelo primeiro na parroquia e despois na diocese.
A Igrexa sabe cantas ovellas hai no seu rabaño, xa que asegura que o 94% da poboación española está bautizada. Con todo, descoñece ou non quere saber cantas desexan saír do curro católico. E é que apostatar (renunciar á fe católica) en España é unha travesía bastante longa e complicada. A Conferencia Episcopal remite a cada diocese (hai 69 no noso país) e aí empezan os problemas.
Mentres que a de Sevilla é máis aberta e non pon reparo ás apostasías, a de Madrid e Valencia, por exemplo, decidiron combatelas. En Sevilla non se pon trabas aos apóstatas, en Madrid e Valencia sí.
Para Esquerda Unida, a solución tena o Goberno. Debe regular un procedemento que permita de forma rápida e con garantías causar baixa das relixións. Non só darse de baixa, senón que a Igrexa suprima dos seus rexistros os datos persoais das persoas que non queren formar parte da súa confesión, indica a deputada Isaura Navarro.

O QUE HAI QUE FACER PARA APOSTATAR
Apostatar, segundo a Lei Orgánica de Protección de Datos, recibe o nome de exercicio do dereito de oposición. Para poder facelo, hai que realizar dous procedementos paralelos: un na parroquia onde se recibiu o bautismo e outro na diocese desa parroquia. En ambos os casos hai que enviar unha carta de exercicio do dereito de oposición cunha fotocopia do DNI. Pódese entrega en man, mediante burofax ou requirimento notarial. Se non se recibe resposta nun mes, pór unha denuncia na Axencia de Protección de Datos.

polo dereito a autodeterminacion do pobo saharagüi

miles de persoas manifestaronse hoxe en Madrid para pedirlle o goberno que traballe para conseguilo dereito a autodeterminacion do pobo saharaugüi, para rematar coa penuria da vida nos campos de refuxiados e recordarlle "sus responsabilidades históricas, políticas y legales" nesta cuestión.

Ghali, delegado saharagüi para España, volveu a reclamar "un referéndum democrático y transparente organizado por las Naciones Unidas". Llamazares(iu) demandoulle o Goberno que "rectifique" a sua posición en relación co Sáhara Occidental, xa que, considera que o goberno puxose "al lado de Marruecos" respaldando o seu plan autonomista para o Sáhara.

Entre as pancartas que portaron os asistentes, que lanzaron alguns berros contra o presidente do Gobierno, destacou a da cabeceira, co lema "Sahara libre, ¡ya!", e outras nas que se podia ler "Sahara, no más traiciones", "Marruecos culpable. España responsable" ou "No más armas de España para Marruecos".

foto de Nuria Andreu. Sobre a vida das mulleres e os nenos nos campos de refuxiados saharagüis no deserto.

RUXE-RUXE nAS PONTES

## 21 de abril RUXE-RUXE en AS PONTES ##
os RUXE estarán no patio do colexio Santa María de AS PONTES xunto a PE DE BOI e PEPE VAAMONDE GRUPO. Este será o primeiro concerto dunha serie de tres.

+ concertos:

ROCK (28 de abril)
HIP-HOP (5 de maio)
imaxen: cartaz desenhado por Arinspunk.

O adeus definitivo de Aquilino Meizoso e Amigos de As Pontes

Nin o partido nin o seu líder Aquilino Meizoso concorrerán ás eleccións. A formación política ocupou a alcaldía do municipio entre 1987 e 1994.

Despois de 25 anos de traxectoria política, Amigos das Pontes desaparece da escena municipal. O partido creado en 1982, e que conta na corporación actual con tres edís, non presentará candidatura ás eleccións do 27 de maio por falta de recambio a Aquilino Meizoso, o seu líder indiscutible desde o principio e sen o que, de momento, non pode seguir adiante.

Meizoso sinalou que xa fai dous anos tomou a decisión de que se achegaba o seu final na política municipal activa e así llo anunciou ao seu partido, que non puido relevarlle. Con todo, o que fose alcalde das Pontes entre 1987 e 1994 advertiu de que Amigos das Pontes seguirá traballando pola sociedade pontesa pero noutros ámbitos diferentes.

No entanto, Meizoso non descartou que a formación regrese con novos bríos para as eleccións municipais de 2011.A retirada, aínda que sexa momentánea, de Amigos das Pontes deixa o camiño político despexado aos tres partidos convencionais, que serán os que se disputen o voto nas próximas eleccións.

Durante os seus sete anos á fronte da alcaldía, Aquilino Meizoso, arquitecto de profesión, deixou nas Pontes obras faraónicas que o recordarán para sempre. Seu é o suntuoso cemiterio dos Alimpadoiros, e da súa época proceden tamén algún dos grandes preitos contra Endesa abertos polo Concello que el presidía.

Moción de censura Tras perder a alcaldía en 1994, Amigos das Pontes apoiou unha moción de censura fraguada polo PP co apoio dun concelleiro socialista, Vicente López Pena, que aceptou o trato a cambio de ser alcalde.

Os derradeiros días da fraga de Menáncaro

O goberno do Concello de Ferrol (PP-IF) aprobaron a construcción dunha urbanización de chalets nunha das derradeiras fragas de carballos centenarios do municipio. A polémica acrecentouse máis aínda, debido a que a maior parte dos terreos está relacionados directamente con familiares do ex-conselleiro do PP e lider de IF, Juan Fernández.

A veciñanza e organizacións ecoloxistas, en roda de prensa, denunciaron a actitude antidemocrática da Alcaldía, que este goberno municipal non defende os intereses da veciñanza nin o patrimonio natural do Concello; sacrificando un dos escasos espazos naturais de interese paisaxístico e ecolóxico do Concello; anunciaron recursos contra o acordo plenario e que defenderan a Fraga de Menáncaco até conseguir unha proteción definitiva deste espazo natural.
O vindeiro Luns, 23 de Abril, terá lugar unha reunión da Comunidade Menáncaro con ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, nos locais do Ateneo Ferrolán, para analizar a situación e avaliar as medidas de fefensa xa tomadas.

Blog da Comunidade Menáncaro:http://menancaro.blogspot.com/

sexta-feira, abril 20, 2007

II Foro Internacional do Feismo

Os vindeiros días 4, 5 e 6 de maio, terá lugar en Ourense o II Foro Internacional do Feísmo, baixo o lema «Construír un país: A rehumanización do territorio».

Edicións Positivas en Barna

A editorial EDICIÓNS POSITIVAS convídavos a todos ás seguintes actividades no Sant Jordi barcelonés:

Día 21, ás 12, 30 h. lectura colectiva e plurilingüe do poemario CONTATRÁS, de Paula Carballeira.

A continuación xogarase o III Campionato Contatrás de Brilé.
Lugar: Praia da Barceloneta, pegado ao Espigó del Gas, e alí onde se escoite unha gaita.

Ás 18 h., na Galería Sargadelos, presentación do libro A MIRADA IMPASÍBEL (As películas de Andy Warhol) do que é autor Alberte Pagán.
A continuación proxección da película Bs.As., tamén de Alberte Pagán.


E por último, o día 22, ás 12, 30 h. lectura colectiva do poemario APOSTASÍA, de Óliver Escobar, politólogo de Xove, aficando actualmente en Edimburgo (Escocia) e amigo persoal noso, que poderán desfrutar todos os que se atopen diante da Catedral de Barcelona, na Pla. De la Seu.

Unha aperta para Oli, e para todos os galegos espallados polo mundo adiante, que non deixan de facer MATRIA.

Un SOS na Mourela (artigo pubricado en Galicia-Hoxe)

Un importante círculo lítico preto das Pontes, redescuberto no 2003, podería quedar destruído polas obras da autovía Ferrol-Vilalba.

Hai menos de vinte anos, na zona da Mourela, no concello das Pontes (A Coruña), había unha necrópole de cinco mámoas e dous círculos líticos (tamén chamados crom- lechs). Hoxe en día, só quedan dúas mámoas e os restos do maior dos cromlech, que se daba por de­saparecido e que foi redescuberto no 2003. Mais existe o risco de que, en poucos anos, non quede nada.
Hai ano e medio comezou a contrución un tramo da autovía AG.64, que unirá Ferrol con Vilalba (Lugo), atravesará o campo de mámoas, cunha trincheira de máis de 50 metros de profundidade que arrasaría por completo o cromlech. Xa dende 2003, mantivéronse excavacións arqueolóxicas no círculo lítico da Mourela, que ten entre 4.000 e 5.000 anos de antigüidade, uns 14 metros de diámetro e está rodeado de importantes xacementos, nunha necrópolis aínda por estudiar.
Dende maio de 2006, os veciños das Pontes viron que os restos megalíticos tiñan os días contados e organizáronse nunha plataforma cidadá e apolítica para impedilo. En colaboración con varios expertos e con Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), prepararon unha solución alternativa, construír un túnel por baixo do monte no que se localizan o cromlech e as mámoas.

O artigo completo en Galicia-Hoxe

Actividades culturais nas Pontes e outras cousas que teñen que ver

Dende o departamento de cultura do Concello das Pones envíannos información sobre o programa:
CON-CERTA XUVENTUDE, co-patrocinado entre o Xacobeo e o Concello das Pontes.

O primeiro concerto será o de FOLK, este sábado 21 de abril e participarán os grupos:
PE DE BOI
PEPE VAAMONDE GRUPO
RUXE RUXE.

O concerto comezará ás 22h no patio do Colexio Sta. María.

Ademais mañá ás 16 h na Casa Dopeso terá lugar o acto de concesión de subvencións ás entidades culturais, deportivas, sociais, de medio ambiente e de participación veciñal. En total concéderonse 351.904euros de subvencións a 68 entidades sen ánimo de lucro do Concello das Pontes.

Tamén vos recordamos que mañá ás 20h na cervexaría Excalibur terá lugar o CAFÉ CIENTÍFICO ( con motivo da presenza nas Pontes da exposición O MUNDO NA TÚA CABEZA).

A AEIG cualifica de “deficiente” a formación en informática no ensino secundario e pide solucións

A Asociación de Enxeñeiros de Informática vén de amosar publicamente a súa preocupación polo que considera uhna “formación deficiente” da mocidade galega en materia de tecnoloxías do coñecemento, un problema polo que levan anos pedindo solucións, sobre todo debido á falta de competitividade que achega cando os rapaces e rapaces concorren no mercado laboral.


Pra seguir lendo, pinchar no titular desta nova.

quarta-feira, abril 18, 2007

Manifestación en defensa do patrimonio natural e cultural, e dunha vivenda digna

Manifestación en Santiago de Compostela!!

*Sairá o domingo 6 de maio ás 12:00 dende a Alameda percorrendo as rúas Senra, Praza de Galicia, Doutor Teixeiro, Praza de Ponte Castro, Horreo, Praza de Galicia, Rúa Nova e rematando na Praza da Quintana. Ao longo desta semana enviarase a comunicación á Delegación do Goberno e ao Concello de Santiago.

* Colectivos adheridos: *Polo de agora manifestaron o seu apoio os seguintes colectivos: Salvemos Monteferro, Luita Verde, Fusquenlla, Foro Social de CangasComité, Cidadán de emerxencia da ría, Verdegaia, Ortigueira sostible, Greenpeace, Amigos da Terra, ADEGA, FEG, Comisión para a reunificacion de galicia e portugal, Colectivo nacionalista de Marín, Asociación na Defensa do Parque Rosalía de Castro, SOS Courel, Plataforma Quilmas, Plataforma contra a Piscifactoría de Costa GalloufaNatura Celtica, Cies Artesanais S. Coop. Galega, Centro Social A Revolta, Bouzas Móvete, Grupo de Axitación Social (GAS), Caleidoskopio, Asociación de alumnos da facultade de informática de a Coruña e Asociación Cultural Choiva Azeda de As Pontes.

Debemos sumar cantos máis colectivos mellor polo que pedimos que cada un de vos faga de altofalante da convocatoria na súa comarca contactando con todos aqueles que puideran ter interese en participar.

*Contactos:
Xosé Reigosa (Salvemos Monteferro) - salvemosmonteferro@gmail.com. Tfno.- 647 965 193
Antón García Carballeira (Fusquenlla) - fusquenlla@sospontedeume.com
Xan Duro (Verdegaia) - info@verdegaia.org Tfno.- 675 680 477
Jose Manuel Casais (Plataforma Quilmas) - kilmasjm@wanadoo.es Tfno.-> 687 531 513

As lareiras en Galicia, por José Astray Pena

Comprácenos anuncia-la publicación do libro AS LAREIRAS EN GALICIA do noso prezado amigo e veciño Jose Astray, xunto con Marcos Beiroa e Javier Villares, asegurándovos a alta calidade técnica, literaria, artística e pedagóxica ca que tratan o patrimonio etnográfico do estudo. Un best-seller en potencia.

Xénero. Ensaio e Investigación Editorial. Ediciós do Castro Coleccion.
Número de pax. 458 ISBN. 978-84-8485-248-3

Son moitos os temas relacionados co mundo tradicional galego que poderían ter interese dende un punto de vista arquitectónico ou constructivo. De feito, son innumerables os traballos realizados sobre muíños, faros, cruceiros, pazos...Pero, o noso interese por falar e describir -dende un punto de vista técnico, engalanado polo artístico-- un destes fermosos temas, supón o alonxamento destes colosos, para adentrarse no corazón, tanto da arquitectura coma da vida galega de fai non tantos anos.Quizabes, o tema das lareiras foi sempre un apéndice incluído neses necesarios párrafos adicados á cociña. Moitos poderían pensar asemade, que nin sequera comprería ser respetado coma un elemento coa suficiente entidade coma para aborda-la execución dun proxecto deste tipo.O feito de se-Io irmán pobre, estimulounos para converter en protagonista a un eterno secundario.Deste xeito, pretendemos, dende o comezo, percorrer Galicia, para que fosen elas mesmas, as lareiras, as que nos ensinasen e nos contasen todo o que non sabiamos delas.Dun xeito modesto, axudados e apoiados nos coñecementos adquiridos nestes anos, intentamos plasmar nas seguintes páxinas, o que foron -e xa case que non son- as lareiras galegas. [Fragmento do libro]

Colocan dous artefactos explosivos nos sindicatos UXT e CCOO de As Pontes

A carga explosiva do segundo dos paquetes, o que non chegou a estourar no local de CCOO, estaba composta por material pirotécnico envolto con cinta aislante e provisto dunha pequena mecha, ao remate da cal atopábase un pitillo a medio consumir. Ao parecer, o cigarrillo tería que ter servido para prende-la mecha, pero este apagouse antes de alcanzala, motivo polo que non alcanzou ao material explosivo. O artefacto que si chegou a accionarse nas oficinas da UXT, estaría composto polos mesmos elementos e elaborado de similar maneira rudimentaria.

Mostra fotográfica na Casa Dopeso

Dende hoxe e ata o 29 de abril poderá visitarse na Casa Dopeso a exposición LUÍS KSADO (7º premio de creación fotográfica).
A Deputación Provincial da Coruña é a institución que organiza o premio e itinera a exposición polos Concellos da provincia. Nesta sétima edición o premio foi para Miguel Harguindey coa obra "Breve prontuario de peixes e pareceres", das que vos mandamos unha mostra.

O horario de visita da exposición será o mesmo que o de apertura da Casa Dopeso:
de luns a venres de 8.00 a 15.00 e de 16.00 a 22.00
sábados: de 10.00 a 14.00.


Casa DopesoRúa Rosalía de Castro, 28 1º15320 As Pontes - A Coruña Telf.-Fax. 981 44 03 44

ahorrar un 60% del consumo eléctrico de alumbrado

Una compañía gallega ha patentado un aparato capaz de ahorrar un 60% del consumo eléctrico de alumbrados y edificios públicos. Se trata de la firma Esinor, que presentó ayer en Santiago su sistema Computer Craft, basado en la colocación de receptores telefónicos que permiten desconectar la luz en calles, polígonos industriales, plantas de edificios y paseos en cuanto se detecta que no están siendo utilizados.

+info no diario El pais

Demostración empírica do cambio climático


Dez irmáns sevillanos deciden apostatar da Igrexa católica o mesmo día

Tienen entre 55 y 42 años. Su padre siguió el ejemplo. Su madre, católica, respeta la decisión.

Diez hermanos de Sevilla han deicidido dejar de ser parte de la Iglesia católica. Todos a la vez.

Se trata de los Rodríguez Prieto, diez hermanos de entre 55 y 42 años, que han decidido apostatar.

"Lo hicimos en el arzobispado hispalense", dice Inmaculada, que ejerce de portavoz familiar. "El papeleo no fue muy complicado. Nos pidieron el DNI, la partida de bautismo y dos testigos para cada uno, y allí, ante notario, nos dieron de baja en la fe católica".

"La razón de nuestra apostasía es que somos ateos y no queremos pertenecer a una asociación en la que sus postulados son un disparate", informa Inmaculada.

artigo completo en 2ominutos

terça-feira, abril 17, 2007

Novidades de ESKAKEO e ZËNZAR

Estos son os próximos concertos de Eskakeo, unha banda de rock de Narón, que petan forte.
14-Abril -- Pub Code (Ferrol, zona Amboage) ESKAKEO + THE CAÑAS (2€)
21-Abril -- Pub A Reserva (Carballo) ESKAKEO + THE CAÑAS (3€)
27-Abril -- Variarte (Neda)
04-Mayo -- Dzine (San Sadurniño) ZËNZAR + ESKAKEO (3€)
25-Mayo -- Pub Fardela (Vilalba)
01-Junio -- O Trasteiro (Pontedeume)
08-Junio -- Moby Dick (Sada)

Contacto: 659 549 345 (Javi)
E no tocante, a Zenzar, este Domingo 15-04-07 o programa da TVG, "Onda Curta", proxectará un video de Zenzar e falará sobre a actualidade do grupo, podedes consultar os seus concertos na súa web.
Ánimo e longa vida ó Rock!!

domingo, abril 15, 2007

Tarde de gloria no municipal

Como oídes, Choiva Ázeda F.S. conseguiu a súa primeira victoria na difícil e competitiva liga local de fútbol sala ante o correoso equipo de "Bar La Cueva". Este derby saldouse cun 4-2, resultado por outra parte curto e engañoso, dada as abraiantes pingas de calidade que se viron por parte dos nosos bravos xogadores. Cabe destacar a espectacular actuación de Óscar baixo os paos ante as baixas dos nosos porteiros, salvándonos en incontables ocasións de goles cantados. Hai que sinalar tamén que só había 5 xogadores do noso equipo. Os goles foron obra de Marcos e Sebas, ambos por partida dobre. O triunfo vai adicado ó noso porteiro Iván que acaba de ser papá.

sexta-feira, abril 13, 2007

Entrevista a Felipe Senén

A PLATAFORMA CIDADÁ POLA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES ven de publicar unha entrevista con Felipe Senén (arqueólogo, técnico en xestión cultural e museólogo na Deputación da Coruña), na que reclama dos poderes públicos un maior respeto ó patrimonio e defende a idea da construcción dun túnel para continuar ca tan ansiada autovía entre Ferrol e Vilalba, que posibilitaría ao mesmo tempo, protexer a nécropole da Mourela para a súa posta en valor a través da etnoarqueoloxía e da arqueoloxía experimental.


A entrevista non ten desperdicio. Se queres ve-la preme eiqui.

es posible frenar los efectos del cambio climático

Aún es posible frenar los efectos del cambio climático en España. La solución es, para Greenpeace, utilizar un sistema de generación de energía basado 100% en fuentes renovables. Un sistema válido tanto para cubrir la demanda eléctrica como la demanda de energía total. Así lo explicaron ayer, durante la presentación del informe Renovables 100%. Un sistema eléctrico renovable para la España peninsular y su viabilidad económica. El estudio, realizado por un equipo de expertos del Instituto de Investigación Tecnológica de la Universidad Pontificia Comillas, defiende que es posible cubrir toda la demanda energética española empleando solamente energías renovables.
Hacer que España se dote de recursos que le proporcionen una cobertura total de energía con fuentes renovables costaría, según Xavier García Casals, uno de los autores del estudio, 120.000 millones de euros en 25 años. "Supondría destinar el 0,5% del Producto Interior Bruto", especificó.

do pais. para seguir lendo clica equi

quinta-feira, abril 12, 2007

"Urxente: Posto de traballo en Xoaniña"

Contratación temporal por baixa de maternidade.
Para atender as socias/os na tenda da "Cooperativa Xoaniña".

Pódense enviar os C.V. vía e-mail a: emprego@briante.org
ou a cooperativaxoaninha@cooperativaxoaninha.org,

A Xoaniña S. Coop. Galega.
R/Venezuela 78. Ferrol.
15404. A Coruña.

Ficción de la realidad de la vivienda

Las tomas se realizaron en un único día. Esto quiere decir que no se escogieron las declaraciones más alucinantes para el video,sino que lo dicho en pantalla muestra la más absoluta “normalidad”. Este video se está utilizando en las campañas para el derecho a la vivienda y contra de la violencia inmobiliaria y urbanística:
Consulta: bcn.vdevivienda.net
Consulta:
bcnviu.org

Este video ha sido censurado en Youtube.
Este video seguirá circulando.

para ve-lo video clica equi




quarta-feira, abril 11, 2007

Primeiros resultados oficiais da excavación do Círculo Lítico

El estudio llevado a cabo por un grupo de más de 30 profesionales ha sacado a la luz los restos de una construcción cuadrangular de la Edad Media.

El hallazgo se localiza a escasos metros del yacimiento prehistórico y, según el director técnico de la excavación, Andrés Bonilla, se trata de una cabaña delimitada por agujeros de poste con restos de un pavimento, cuya posterior excavación ha dado lugar a la obtención de materiales utilizados durante la Edad Media.

La importancia o no de esta construcción, así como la que puede derivarse del hecho de haber excavado la totalidad de la superficie del círculo lítico, que está en torno a unos 5.000 metros cuadrados, es una cuestión en la que no ha querido entrar el responsable del proyecto.

No obstante, Andrés Bonilla recordó que la labor de investigación desarrollada en la zona de A Mourela desde el pasado mes de enero ha dado resultados tan interesantes como pueden ser la
localización y catalogación de más de diez fosas en la zona central del círculo y la existencia de otras seis en un área muy próxima al mismo.

Por otra parte, señaló que el paso siguiente pasa por analizar la tierra y demás restos obtenidos en distintos puntos de la excavación, con la intención de aproximarse lo más posible a una posible fecha sobre su construcción. Este proceso puede prolongarse por un indeterminado espacio de tiempo, si bien el responsable del proyecto de excavación reconoció que existen ciertas prisas en conocer al completo los resultados de la excavación de A Mourela para, a continuación, tomar una decisión con respecto a la conservación de los restos prehistóricos o, por el contrario destruirlos con el paso de la obra de la autovía que enlazará Ferrol con Vilalba.

+ en amigus

terceira edición das Xornadas da Terra

O catedrático da Universidade de Santiago, Xosé Manuel Beiras, estará mañá en As Pontes para participar na terceira edición das Xornadas da Terra, organizadas polas asociacións Niño do Azor e Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen.

Beiras, presidente da Fundación Galiza sempre, pronunciará unha conferencia titulada A represión do nacionalismo galego en 1936.

O acto terá como escenario o salón de actos da sede do departamento de Cultura, Casa Dopeso, dende as oito e media da tarde.

terça-feira, abril 10, 2007

Teléfonos móbiles para nenos

A mediados de febreiro, Movistar presentou na feira de Barcelona de novas tecnoloxías ligadas ao teléfono móbil, aparatos destinados a nenos de 6 a 10 anos, é o WIN1. Dende a Asociación Ecoloxista Xoves Verdes estase a denunciar que "co móbil e a saúde non se xoga", as compañías que apoian este tipo de productos están "esquecendo" os problemas para a saúde e para o seu desenvolvemento social.

Un informe do Consello Escolar constata a desgaleguización da educación

Suspenso en normalización e no uso de novas tecnoloxías. Son os datos que facilita o “Informe sobre o Estado e a Situación do Sistema Educativo en Galicia” dende os cursos 2002- 2003 ata o 2004-2005 encargado polo Consello Escolar de Galicia e elaborado polo Instituto de Ciencias da Educación.

O estudo aconsella un esforzo orzamentario para incrementar a incorpración de novas tecnoloxías e cursos de formación, ademais de alertar do suspenso en normalización. Segundo o informe, o ensino incidiu na mellora da escrita e da lectura, pero non na oralidade, ademais de constatar o incumprimento da normativa en materia de lingua.

+ na Xunta

A asociación ferrolá Lefre de Caldereta e a II República Española

As tertulias que a asociación cultural Lefre de Caldereta celebra periódicamente no pub Borsalino (rúa Pardiñas, 29) céntranse hoxe no 76 aniversario da proclamación da II República. Por este motivo, a partir das oito da tarde, falará deste período o historiador Bernardo Máiz Vázquez. Este profesor ofrecerá unha visión do que supuxeron eses anos para o desenvolvemento do país desde unha perspectiva ferrolá. Logo dunha exposición duns quince minutos, abrirase o uso da palabra ós asistentes.

+ no Diario de Ferrol ou no enderezo electrónico: lefre@lefredecaldereta.com

Asamblea contra la Precariedad y por la Vivienda Digna

El 24 de Marzo, terminada ya la Manifestación por la vivienda digna, se produjeron agresiones por parte de la policía a viandantes y manifestantes que se dirigían a casa Asamblea contra la Precariedad y por la Vivienda Digna

Ler á la carta dos pais dunha das agredidas o 24 de Marzo

Exposición "O mundo na túa cabeza"

O martes, día 10 de Abril, ÁS 12H inaugurase na sala de exposicións do Mercado Vello do Concello das Pontes “O mundo na túa cabeza. ¿Que sabemos e como nolo contaron?”.

EXPERIMENTOS, PROBAS INTERACTIVAS E ILUSIÓNS VISUAIS EXPLICAN COMO FUNCIONA O CEREBRO NA MOSTRA “O MUNDO NA TÚA CABEZA” esta exposición amosa o proceso da información dende os sentidos até o cerebro e ofrece unha viaxe na que o punto de partida son as percepcións sensoriais humanas e o destino o procesamento da información no encéfalo. A mostra dá ademais unha perspectiva histórica da neurociencia e detalla técnicas utilizadas na investigación nesta materia ao longo da historia.

Horarios de apertura da expo con visitas :
de luns a venres de 10 a 14h e de 16 a 20h e sábados de 11 a 14h e de 17 a20h
A exposición contará con monitores que farán de guias da expo a que poderán acudir estudantes de 3º ciclo de primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos e público en xeral.
Se desexan concertar visitas para grupos dirixirse a:
museo de historia natural luis iglesias
981 593 589 (Paula Lorenzo) museohn@usc.es

A mostra está promovida pola Consellería de Innovación e Industria.

domingo, abril 08, 2007

Próximos concertos na sala Dzine

- Venres 13 MAIKE LUDENBACH www.maikeworld.com
- Sábado 14 GRASA
- Venres 20 HOT KAWA CLUB
- Sábado 21 A COMPAÑIA DO RUIDO

+ INFO no blog DZINE

foto: os Fiquilicuatres de Ribeira

quarta-feira, abril 04, 2007

Colectivos sociais e culturais salirán á rúa o 6 de maio para protestar contra o urbanismo salvaxe

Os colectivos sociais integrados na Rede Litoral Vivo convocan para maio a unha manifestación para protestar contra a "degradación do territorio" e a "cementación de Galicia". Nunha asamblea celebrada este fin de semana, as 20 agrupacións implicadas na organización da marcha decidiron fixar a movilización para o 6 de maio en Santiago.
+ no País
+ en Galicia-Hoxe.com
+ galería fotográfica de feísmo nas Pontes

terça-feira, abril 03, 2007

Viaxar barato en tren por Europa

Os mochileros poderán recorrer en ferrocarril o vello continente por 32 euros a partires de abril. O pase internacional revisa os sus prezos para competir cos compañías aéreas de baixo custo.

domingo, abril 01, 2007

soamente un 15% de listas as elecións municipais van encabezadas por mulleres

Según informa o diario "El Pais", apesar da nova lei de igualdade, soamente un 15% de listas galegas as elecións municipais van encabezadas por mulleres... "Por partidos, el Bloque es el que más candidatas aporta (más de 60) seguido por el PSdeG (42) y el PP que sólo presentará a 29 mujeres como cabezas de cartel."

Que nos van contar en As Pontes.
Eu quero xa poder votar por unha alcaldesa.

Tráfico alerta de una oleada de atropellos en Lugo

+ info clica eiqui