terça-feira, julho 10, 2007

As Pontes acollerá o domingo un novo intercambio de irmanamento con Lesneven

O domingo chegarán ás Pontes un grupo de cincuenta veciños de Lesneven (Bretagne-Francia) para participar nun novo encontro de cidadáns de ámbalas dúas localidades, irmanadas desde hai dezaseis anos. Os visitantes bretóns visitarán a vila mineira ata o próximo 23 de xullo. Á fronte do séquito chegará Claude Le Menn, presidente do Comité de Jumelage, adxunto á alcaldía de Lesneven e fillo adoptivo das Pontes desde o ano pasado.

Os bretóns aloxaranse nas casas de veciños ponteses, con quen poderán participar en diversas excursións programadas, como unha a Santiago de Compostela e outra ás Rías Baixas e o norte de Portugal. Cinco días logo deste intercambio, un grupo de 35 ponteses e outras localidades galegas partirán en avión a Carmarthen (Gales), outra das cidades irmanadas.

Sem comentários: