Videos da festa da fraga

Loading...

sábado, julho 28, 2007

Os cidadáns das parroquias das Pontes terán un servizo de transporte público a partires do 1 de agosto

Os veciños dos lugares máis afastados das Pontes disporán, a partir do 1 de agosto, dun novo servizo de transporte público que operará en función das necesidades dos viaxeiros. Trátase dun programa piloto posto en marcha en varios concellos galegos pola Consellería de Política Territorial para pór a disposición dos residentes nas zonas rurais un servizo especial de autobuses durante varios días á semana e, ademais, á carta. É dicir, os pasaxeiros que desexen tomar o transporte deberán avisar cun día de antelación para que o bus efectúe esa parada.

Nas Pontes, este servizo contará con dúas rutas. Montserrat García, concelleira de Atención Cidadá, detallou que un autobús da empresa Gabeiras sairá os mércores e os venres ás 08.30 e 12.30 horas do Pazo con dirección á estación de autobuses das Pontes. Pasará pola Faeira, Bermui, Ribadeume e Vilavella. De regreso haberá outras dúas viaxes, ás 09.10 e 13.10 horas, e partirán da estación pontesa para realizar o mesmo percorrido anterior pero á inversa. Ademais, o servizo cubrirá outra ruta compartida con Monfero.

Un autobús sairá os martes e xoves ás 08.30 e 12.30 horas da Espadana, pasando por Xestoso, Armada, A Panda, A Mourela e As Pontes. As viaxes de volta partirán da estación pontesa ás 09.10 e 13.10 horas. A concelleira recordou que as persoas que desexen subir a estes autobuses deberán avisar o día anterior á empresa Gabeiras, no teléfono 981 451 605, en horario de 10 a 13.30 horas.

O prezo dos billetes irá en función do percorrido, pero oscilará entre os 1,20 e os 3,20 euros, explicou García.

Sem comentários: