
“Coa Lei de Protección da Paisaxe queremos que as nosas paisaxes teñan recoñecemento xurídico; que se estudien en profundidade, se cataloguen e describan as paisaxes galegas cos seus valores, degradacións, ameazas e tendencias; queremos que todos aqueles plans, programas ou proxectos que deban someterse á avaliación estratéxica ambiental ou de impacto ambiental teñan en consideración a paisaxe” explica José Benito Reza, director xeral de conservación da natureza nun texto xenérico facilitado polo gabinete de prensa. Ao tempo anuncia o incremento da superficie destinada a espazo protexido, plans de acción de conservación e a creación dunhas directrices da paisaxe que sexan determinantes na ordenación do territorio. O borrador da Lei xa foi sometido a consulta do Consello Galego de Medio Ambiente (COGAMA) e rematou a fase de consulta a nivel institucional entre as distintas consellerías. Agora mesmo, o texto está a ser revisado en función das alegacións presentadas e o documento definitivo entrará no Parlamento no vindeiro mes de setembro.
Sem comentários:
Enviar um comentário