quinta-feira, julho 05, 2007

Programación musical para as Festas Patronais das Pontes 2.007


...o vindeiro sábado 21, os asistentes poderán seguir a unha Marta Desesperada que repasará desde os seus mellores éxitos musicais ata o discotequero Superstar que tanto soa na actualidade nos diales de toda España.

Pero esta non será a principal sorpresa das festas de verán nas Pontes. A vila mineira tamén acollerá unha interpretación do musical Grease, e servirá de escenario para artistas da talla de Loquillo, Celtas Cortos e Doutor Funkstein, entre outras formacións.Para isto, o Concello programou un ano máis o clásico Nabiza Rock e o seu festival de folk para coroar a festa da Fraga. No primeiro dos casos, Loquillo, Doutor Funkstein, The Sweat, Shroud of Tears, Bon a Chic e Ogmios encherán un cartel de luxo que se consolida ano tras ano.

Na cita folk, os míticos Celtas Cortos estarán acompañados por Muxarega e por Four Men and a Dog. Ademais, a tradicional romaría da Fraga, o último fin de semana de xullo, contará coas actuacións das orquestras Galilea e Matraca Perversa, quen animarán aos centos de persoas que se congregan alí cada ano.

En canto ás festas patronais do Carmen , as verbenas de toda a semana estarán amenizadas pola música de formacións como a orquestra Sintonía, Panamá, Charlestón, Philadelphia, Olimpus, París de Noia e Lamas...

Nova na Voz de Galicia 05/07/2007

Sem comentários: