Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, julho 11, 2007

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro









Penduramos unhas instatáneas da visita que fixemos esta fin de semana ao Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume.
O conxunto foi declarado no ano 1975 monumento histórico-artístico pola súa importancia arquitectónica. Sendo na actualidade propiedade da Deputación provincial da Coruña, que iniciou un proxecto de restauración para a posta en valor do conxunto.
Para todos os interesados en visita-lo apreveitade que de momento está aberto, e isto é novidade:

do 1 de xuño ao 30 de setembro de 2007 (tempada estival):
-días: todos, incluídos domingos e festivos
- horario: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
meses de outubro, novembro e decembro de 2007:
-días: fins de semana e festivos
- horario: de 11:00 a 17:00 h
A última visita guiada comezará 30 minutos antes da hora de peche. Información adicional: Servizo de Patrimonio e Contratación: tlf 981.183.314
Teléfono de atención a visitantes: 981.257.801 (entrada de balde)

Foto satélite da ubicación do Mosteiro de Caaveiro

Sem comentários: