Videos da festa da fraga

Loading...

sábado, julho 28, 2007

O domingo ás 12 da mañá pasarrúas en Mugardos

A Asamblea Cidadá, na xuntanza de Mugardos, acordou o seguinte en apoio ós veciños de Meha que siguen encerrados na Casa do Concello:

Para o Domingo 29 de xullo ás doce da mañá,
estar no peirao de Mugardos, no extremo onde atracan as lanchas de pasaxe, desde onde se saldrá para camiñar ata a casa do concello de Mugardos.

Levaremos buzo branco de papel e/ou camiseta do CCE con mascarilla das brancas, ademais de cacerolas, tambores, outros elementos de percusión e gaitas. O paseo rematará diante da casa do concello onde pódese saudar aos veciños de Meha que siguen pechados.

O buzo branco de papel a un euro, poden atopalo nos seguintes lugares:
Ferreteria na rúa Magdalena de Ferrol, ao carón da copistería Josbe, no bloque de casas preto do Ateneo. Nas Gasolineiras.

Para ir a Mugardos desde Ferrol pódese ir e volver na lancha que sae as horas en punto de Ferrol e as medias de Mugardos.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Sem comentários: