terça-feira, julho 10, 2007

Romería da Virxe da Cela a carón do Mosteiro de Monfero





Este domingo pasado, aproveitando a romaría en honra á Virxe de Cela, poidemos desfrutar dun xantar entre amigos e familia na parroquia de San Fiz de Monfero no concello de Monfero, moito preto do Parque Natural das Fragas do Eume.

Despois da sobremesa, visitamos o fermosísimo Mosteiro de Monfero, que atópase por fin aberto, en horario de 12.00 a 14.00 horas pola mañá e polas tardes de 16.30 a 20.30.

O mosteiro de Santa María de Monfero constitúe un dos máis importantes complexos conventuais de Galicia. Fundado en 1135, ó parecer a instancias de Alfonso VII. Constuído en estilo románico, foi ocupado por monxes benedictinos ata que se uniu ó Císter cara a 1201, ficando baixo a xurisdicción do mosteiro de Sobrado.
O espazo leva anos en proceso de rehabilitación, que segundo parece, rematará na instalación dun hotel-balneario nas dependencias monacais. Polo que nós poidemos contemplar esta fin de semana as obras seguirán por tempo, xa que o estado de conservación segue a ser moi deficiente.

Sem comentários: