Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, julho 11, 2007

Xogos e rutas para coñecer os bens culturais

Cativos e cativas aprenderán a valorar o patrimonio cultural durante os campamentos de verán.


O programa de actividades en campamentos de verán forma parte dunha campaña de concicenciación social sobre o patrimonio curtural que a Consellaría está a levar a cabo co nome de Mira por el. A campaña pretende dar a coñecer o noso patrimonio e, asemade, transmitir a necesidade de coidalo. As actividades inclúen xogos, material divulgativo e exercicios para traballar o coñecemento dos tipos de patrimonio. O obxectivo é que os nenos e nenas poidan identificar os bens patrimoniais e valoralos; así como comprender as normas para o seu coidado, os perigos que poden padecer e os axentes involucrados na súa protección. As actividades están impartidas por monitores e monitoras con formación especializada en patrimonio cultural.

Parécenos moi boa iniciativa aínda que, recordando exemplos como o do Círculo Lítico da Mourela, preguntámonos se a Consellería, ademáis de educar para o respeto polo patrimonio, non debería predicar co exemplo....

2 comentários:

Anónimo disse...

o mellor toca envia-as conselleiras de cultura e a sua colega Caride de infraestructuras de campamento de verán.

caride disse...

Sííiiii, joba, encantaríame poder asistir ao curso de verán, así poderei facer amiguetes que me axuden a enteder todas as cousas do patrimonio e da historia, e todo iso, que é un rollo macabeo. jajajaja. Soy super guay, verdad? Jo, sinon o digo eu, non o dí ninguén.