Videos da festa da fraga

Loading...

quinta-feira, julho 12, 2007

Medio Ambiente freará a concesión de novas explotacións mineiras no Courel


Entre o 1992 e o 2005 a Xunta recibiu 28 peticións de concesión de explotacións mineiras na Serra do Courel que estaban pendentes de resolver. Segundo informa hoxe La Voz de Galicia, Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, presentará hoxe no Consello Galego de Medio Ambiente un informe que recolle o compromiso da Consellería de informar desfavorablemente estas solicitudes no seu trámite de impacto ambiental, así como de revisar as 26 concesións mineiras xa aprobadas na Serra de acordo cos cambios na normativa ambiental. Aínda así, a decisión final sobre as concesións seguirá estando na Consellaría de Industria, que é quen autoriza as licenzas de explotación.

Esperamos que a Xunta esté á altura das cirscuntancias e sexa capaz de conquerir que o ben público se impoña por riba dos intereses duns poucos. Dende aquí estaremos a espreita. Coñecemos de preto as "boas intencións" dos políticos e os resultados finais no caso do patrimonio arqueolóxico da necrópole da Mourela, coida que agora non suceda o mesmo co patrimonio natural galego...

Sem comentários: