sexta-feira, julho 06, 2007

Rapa das bestas na Serra do Forgoselo este domingo

O curro do Pico das Troitas, na serra do Forgoselo, botará o domingo co trote dos preto de trescentos cabalos salvaxes que baixarán do monte varias decenas de aloitadores. Trátase da tradicional celebración de rapa das bestas da Capela, que comezará ao mediodía co peche dos animais no curro.

De aí ás dúas da tarde, aproximadamente, os participantes mediranse coas bestas para cortarlles as crines e marcalas.Pero a celebración non quedará aí. Cunha parada para gozar dunha comida campestre (haberá postos comerciais instalados especificamente para a rapa das bestas), a tarde estará coroada pola competición.

Galope, marcha e trote son as tres categorías nas que se disputarán premios en metálico e trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha.Ademais, os asistentes poderán participar no sorteo dunha poldra comprando as rifas da organización.

Para chegar ao curro non hai máis que dirixirse á Capela e buscar a igrexa de San Boulo. Desde alí poderanse seguir as indicacións cara a esta contorna natural.

Sem comentários: