
Nun discurso emocionado tras recibir a medalla de mans do presidente galego, Emilio Pérez Touriño, Díaz Pardo dixo "asumir a representación en fideicomiso" das xeracións de "ilustres galegos exiliados", dos que, recordou, "algúns morreron sen ver nosa a terra". Por iso, ante a máis alta representación institucional, cultural e política da comunidade que se deu cita no compostelano parque de San Domingos de Bonaval, o intelectual galeguista mantivo que o galardón, o segundo concedido polo bipartito, representa un "desagravio á súa sorte".
Así, Díaz Pardo aproveitou a súa quenda de palabra para reivindicar a achega dos que dende a emigración traballaron por Galicia e "pensaron que, ao volver, o primeiro que habería que facer é recuperar a memoria histórica" que, segundo el, "estaba roubada".
Sem comentários:
Enviar um comentário