quarta-feira, julho 04, 2007

Cursos de verán no Conservatorio Profesional das Pontes

Outro ano máis volven a organizar os cursos de verán no Conservatorio Profesional de Música das Pontes en colaboración coa A.PP.AA. 'O Eume'.

Este ano contan con catro cursos:
- A cuarta edición de Percu-Són
- A terceira edición de Piano-Pón
- A terceira edición de Iniciación á música para rapaces
- A primeira edición de Principios elementais da música

A matrícula nestes cursos poderase facer no Conservatorio das Pontes:Avda. As Veigas s/n, ou ben no teléfono 981 440024, ou ben cubrindo este formulario
A matrícula dos cursos será de 50 euros. Os socios da A.PP.AA. 'O Eume' terán a matrícula gratuita.O curso de iniciación á música e o de Principios elementais da música serán gratuitos.

Sem comentários: